Servizos

Realizamos un estudo previo para coñecer as necesidades reais de cada cliente, e así ofrecer un equipo que conte cos últimos avances do sector e que mellor se adapte ós seus requerimentos, dando unha solución integral coa maior  garantía e calidade.
 

Ofrecemos contratos de mantemento técnico para equipos multifunción. A través dun custe fixo por impresión, o cliente ten cubertos todos os consumibles e asistencias necesarias.

Os nosos prezos están moi axustados tanto nos equipos multifunción como nos custes por impresión aplicados. Pódesnos consultar as túas necesidades de impresión sen compromiso.

No contrato de mantemento que realizamos,  queremos reflexar a nosa filosofía de compromiso co cliente, de forma que conte cun servizo de atención dinámico formado por:

 

Atención Teléfonica

Atencion telefónica directa co departamento técnico para resolver incidencias e apoio en configuracións persoalizadas. Solventándose en moitos casos a incidencia, ou minimizando o seu efecto ata a chegada do persoal técnico.

Atención Técnica Presencial

Atención técnica presencial nun tempo inferior a 5 horas. En caso de urxencia, a nosa media en atención presencial é inferior ás 2 horas.

Atención Remota

Servizo de atención remota, conectándonos vía online para solventar incidencias informáticas. Reducindo o tempo de resposta ante incidencias relacionadas con modificacións na configuración da rede do cliente, ou sustitución de pc's.

 

 

Equipo de Sustitución

Equipo de substitución ante unha eventual incidencia que non se poida resolver a curto prazo.
Ata a instalación dun equipo substitutivo, o cliente poderá enviarnos a documentación para entregársella impresa, ben presencialmente ou a través de servizo de mensaxería urxente.

Soporte Informatico

Soporte informático gratuito, incluindo: configuración de drivers de impresión / rexistros de escáner, envío de lectura de contadores / alertas por email, configuración e xestión de usuarios, impresión dende dispositivos móbiles, creación de carpetas de usuario para almacenar información no disco duro do equipo.

Formación Cliente

Formación ó cliente para obter o máximo rendemento do equipo. Tanto nas funcións xerais que ofrece, como nas necesidades particulares de cada cliente.

 

TOP