Convertemos en realidade calquera necesidade de impresión

contacto

QUEN SOMOS

Somos unha empresa formada por persoal con ampla experiencia no sector da reprografía e ofimática, cun obxetivo claro de ofrecer un servizo de impresión de calidade ó cliente.

Contamos cun departamento de soporte técnico propio, con persoal formado e motivado para solvertar calquera incidencia e adaptarse ás características particulares de cada instalación.

Dispoñemos dunha variada gama de equipos multifunción, dando solución ás necesidades de impresión de cada caso en particular cun producto de calidade, que xunto ó apoio do noso persoal, pretende conseguir a confianza e satisfacción do cliente.

Somos distribuidor oficial de Develop e traballamos con Konica Minolta, Samsung e Brother.

¿Por qué Impronta? A palabra impronta significa marca, estampa, impresión. A idea de bo servizo é o noso selo persoal que queremos transmitir, e polo que queremos que nos identifiquen.

Os nosos Servizos

Realizamos un estudo previo para coñecer as necesidades reais de cada cliente, e así ofrecer un equipo que conte cos últimos avances do sector e que mellor se adapte ós seus requerimentos, dando unha solución integral coa maior garantía e calidade.

Ofrecemos contratos de mantemento técnico para equipos multifunción. A través dun custe fixo por impresión, o cliente ten cubertos todos os consumibles e asistencias necesarias.

Os nosos prezos están moi axustados tanto nos equipos multifunción como nos custes por impresión aplicados. Pódesnos consultar as túas necesidades de impresión sen compromiso.

No contrato de mantemento que realizamos, queremos reflexar a nosa filosofía de compromiso co cliente, de forma que conte cun servizo de atención dinámico formado por:

Atención Teléfonica

Atencion telefónica directa co departamento técnico para resolver incidencias e apoio en configuracións persoalizadas. Solventándose en moitos casos a incidencia, ou minimizando o seu efecto ata a chegada do persoal técnico.

Atención Técnica Presencial

Atención técnica presencial nun tempo inferior a 5 horas. En caso de urxencia, a nosa media en atención presencial é inferior ás 2 horas.

Atención Remota

Servizo de atención remota, conectándonos vía online para solventar incidencias informáticas. Reducindo o tempo de resposta ante incidencias relacionadas con modificacións na configuración da rede do cliente, ou sustitución de pc's.


Equipo de Substitución

Equipo de substitución ante unha eventual incidencia que non se poida resolver a curto prazo. Ata a instalación dun equipo substitutivo, o cliente poderá enviarnos a documentación para entregársella impresa, ben presencialmente ou a través de servizo de mensaxería urxente.

Soporte Informatico

Soporte informático gratuito, incluindo: configuración de drivers de impresión / rexistros de escáner, envío de lectura de contadores / alertas por email, configuración e xestión de usuarios, impresión dende dispositivos móbiles, creación de carpetas de usuario para almacenar información no disco duro do equipo.

Formación Cliente

Formación ó cliente para obter o máximo rendemento do equipo. Tanto nas funcións xerais que ofrece, como nas necesidades particulares de cada cliente.

O noso Compromiso

co Cliente

A nosa misión é garantir un servizo de impresión de calidade, e contribuír a reducir costes e mellorar os seus procesos, así como establecer unha relación de confianza e productiva para ambas partes.

coa Empresa

Entendemos que o noso maior activo é o persoal que forma a empresa. Porque a calidade do servizo e o compromiso co cliente é unha responsabilidade asumida e compartida.

Este é o motivo polo que contamos con procesos de mellora e formación continua para garantir o nivel que queremos acadar.

co Medio Ambiente

Queremos minimizar ó máximo o impacto ambiental que poida ocasionar a nosa actividade.

O noso persoal encárgase de xestionar directamente todo o material reciclable, orixinado internamente ou por probas realizadas nas instalacións do cliente.

Recollemos gratuitamente os cartuchos e equipos usados, xestionando o seu reciclado con empresas homologadas para tal fin.

Impronta Solidaria

Porque entendemos que a nosa actividade profesional non é allea ós problemas sociais que nos afectan a todas as persoas, a nosa empresa colabora con Amigos da Terra, Medicos sin Fronteras, e Amnistía Internacional.

TOP